CRTVG

Buscar

Oitavo posto para Támara Echegoyen no primeiro día de competición en 49er FX

Publicado o 27/07/2021 07:55
Oitavo posto para Támara Echegoyen no primeiro día de competición en 49er FX

A galega Támara Echegoyen e a súa compañeira Paula Barceló asinaron un oitavo posto despois do primeiro día de competición na clase 49er FX de vela. As cousas comezaron moi ben cun segundo posto na primeira proba. Na segunda, cando ían en primeira posición, tiveron un incidente que as levou ao décimo posto. E na terceira das probas da primeira xornada de competición foron descualificadas por un fóra de liña. 

En cabeza da clase marchan as británicas Dobson e Tidey, seguidas polas estadounidenses Roble e Shea.