Oia crea a Concellería da Felicidade e Veciñanza para velar polo benestar de todos os veciños
Publicado o 20/06/2019 19:33
No concello de Oia, o equipo de goberno está empeñado en que os seus veciños sexan felices e acaban de impulsar unha iniciativa pioneira e moi curiosa. A idea colleu por sorpresa pero, entre sorrisos, a moitos veciños.
Porén o equipo de goberno está disposto a conseguilo.
E todo isto acompañado dunha aposta pola atención amable aos veciños por parte dos funcionarios municipais. É a primeira concelleria da felicidade que se crea en Galicia e en España. Só hai un precedente nunha localidade italiana de pouco máis de tres mil habitantes. Un censo similar ao de Oia, que podería crecer se a felicidade consegue triunfar.