Oia acolle a terceira proba do Campionato Galego de Montaña
Publicado o 07/05/2019 17:29
E a carón do Mosteiro de Oia concentrouse a tripulación da Subida a Oia. A décimo segunda edición desta proba que representaba o terceiro capítulo do Campionato Galego de Montaña tras A Saleta e Marín.
Con cen pilotos na saída. Coa presencia de Alberto Meira, que correu A Saleta e que segue preparando o Rías Baixas en quince días. En Oia dominaron Alexis Viéitez e Pablo Rey Pérez, os dous primeiros clasificados.