CRTVG

Buscar

Bos días

Ogier marca o mellor tempo no tramo espectáculo de Cataluña

Publicado o 06/10/2017 10:02


Sébastien Ogier fixo onte o mellor rexistro no ensaio previo do Rally de Cataluña, puntuable para o Mundial, e que comeza este venres. O francés, líder do mundial, amosou o seu poder cun tempo de 2 minutos, 5 segundos e 2 centésimas sobre un percorrido de 2,97 quilómetros. O británico Kris Meeke foi segundo mentres que o noruegués Andreas Mikkelsen entrou terceiro. A quinta praza foi para o español Dani Sordo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

06/10/2017