CRTVG

Buscar

Ofrenda floral a Rosalía de Castro no Panteón dos Galegos Ilustres

Publicado o 25/07/2016 20:00

A igrexa de San Domingos de Bonaval acolleu unha misa en lembranza do 125 aniversario do traslado dos restos de Rosalía de Castro. Tras a liturxia relixiosa realizouse a ofrenda floral na súa tumba a cargo de distintas institucións e colectivos. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, depositou tamén unha coroa de loureiro na tumba de Castelao

Como cada 25 de xullo tamén se celebrou a tradicional ofrenda no Panteón dos Galegos Ilustres. A igrexa de San Domingos de Bonaval acolleu unha misa en lembranza do 125 aniversario do traslado dos restos de Rosalía de Castro. Tras a liturxia relixiosa realizouse a ofrenda floral na súa tumba a cargo de distintas institucións e colectivos. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, depositou tamén unha coroa de loureiro na tumba de Castelao. Feijóo dixo que o Día de Galicia debería ser o día de todos e non un día de plantexamentos políticos, en alusión ás distintas manifestacións celebradas hoxe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/07/2016