CRTVG

Buscar

Ofrenda floral a Ramón Sampedro: primeira tras a aprobación da lei da eutanasia

Publicado o 10/01/2021 15:21

A praia das Furnas, en Porto do Son, acolleu este domingo unha ofrenda floral en homenaxe a Ramón Sampedro. Este ano, a celebración é aínda máis especial, porque é a primeira tras a aprobación da lei da eutanasia en España. Unha lei que, segundo reivindican desde a asociación Derecho a Morir Dignamente, organizadora do acto, débelle moito a Ramón Sampedro, o primeiro en reivindicar no noso país o dereito a unha morte digna.

Este martes, 12 de xaneiro, fará 23 anos da morte voluntaria de Sampedro. As flores recórdano hoxe no lugar onde tivo o accidente que o deixou tetrapléxico.

Noticias web

10/01/2021