CRTVG

Buscar

Ochefu reforza o xogo interior do Breogán

Publicado o 05/04/2019 18:05

O Breogán presentou este mediodía a Daniel Ochefu. Chega para reforzar o xogo interior. Aquí teñen a Ochefu: 25 anos, 2 metros 11 de estatura, gran poderío físico, reboteador. Estas son as súas primeiras horas en Lugo. Tito Díaz non ten tempo que perder. O domingo chega o Barça, o líder. E o Breogán soña cun triunfo que o saque do descenso. Ochefu era o xogador que buscaban.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/04/2019