CRTVG

Buscar

Operación Carioca: Fiscalía pide máis 500 anos para os responsables do club Queens

Publicado o 01/11/2019 13:20

A suma das penas dá máis de 500 anos de cadea para os dous responsables dos locais Queens e Colina. En concreto, para o xerente, José Manuel García Adán, o ministerio público suma máis de 250 anos de petición de condena, e para José Manuel Pulleiro, considerado o seu lugartenente, algo menos. Para outra persoa, unha muller brasileira que presuntamente contactaba coas mulleres no seu país de orixe, Fiscalía solicita máis de cinco anos.

O escrito de acusación presentado nos xulgados lucenses refírese á peza separada número dez dunha macrocausa sobre prostitución e trata que comezou hai xa unha década, a Operación Carioca. No texto descríbese como as mulleres chegaban a España cunha débeda de tres mil euros, que despois aumentaba, e como eran ameazadas e coaccionadas para exercer a prostitución, creando un ambiente de violencia e temor. Di tamén que ante a dureza das condicións nas que vivían, varias mulleres se iniciaron no consumo de drogas. O texto relata como lles impuñan os horarios, os prezos e incluso multas por chegar tarde. A cada un dos dous principais acusados Fiscalía impútalles 54 delitos de prostitución coactiva, e ademais outros de ameazas, contra os dereitos dos traballadores, tenza ilícita de armas e contra a saúde pública.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/11/2019