CRTVG

Buscar

Ocupantes ilegais dunha vivenda na Guarda empadróanse e poñen unha alarma na casa

Publicado o 23/07/2021 15:27

Hai uns meses que unha familia decidiu ocupar unha vivenda da parroquia de Camposancos na Guarda. O inmoble estaba deshabitado porque sobre el pesa unha orde de derrube, que aínda está en tramites xudiciais. O caso é que nunha se chegara a habitar, pese a estar practicamente rematada.

Os ocupas recoñecen que entraron vivir nesta casa aínda que non é súa, pero insisten en que eles queren ter boa relación cos veciños.

O caso xa foi denunciado e os veciños mesmo pediron a mediación do goberno municipal, pero dende o concello sinalan que non teñen competencias para o desaloxo e que ten que ir pola vía xudicial.

Noticias web

23/07/2021