Ocupantes ilegais da Falperra, na Coruña, néganse a abadonar o edificio
Axentes da Policía Nacional identificaron onte 4 persoas que desde hai meses ocupan o primeiro e segundo andar dun edificio situado na rúa Doutor Fleming do barrio da Falperra na Coruña. Algún deles procede doutro inmoble moi próximo que fora desaloxado no mes de outubro e que agora está tapiado.
"Tras o desaloxo do numeor 19 algúns deles pasaron para o 20. Están aí e viu onte a polcía a desaloxalos. parece ser que non quixeron sair, estiveron negociando con eles", di Jaime Suárez , presidente das Asociación de Veciños da Falperra.
Os veciños din que estes ocupantes ilegais non son tan violentos coma os anteriores. Malia todo, son poucos os que se atreven a falar ante a cámara por medo.
Pendentes do procedemento xudicial, queren que unha vez sexan desaloxados se proceda á rehabilitación dos edificios para evitar novas ocupacións.
Segundo manifestou o representante legal do propietario dos dous inmobles, están abertos un procedemento penal e outro civil con data de xuízo para o mes de abril, polo que o desaloxo podería producirse no verán.