CRTVG

Buscar

Ocupan en Betanzos a vivenda dunha muller emigrada en Londres

Publicado o 03/07/2020 15:35

Aumenta a preocupación pola ocupación de casas baleiras, a última en Betanzos. Trátase dunha vivenda en Viladesuso, onde semella que viven unha parella, outra muller e dous menores. Ocupan a casa dende abril.

Foron os familiares da propietaria os que denunciaron os feitos perante a Garda Civil tras ser alertados polos veciños.

A dona é unha muller maior que reside en Londres, a onde emigrou de moza. Un achegado seu asegura que a vivenda foi ocupada por unha muller, pero que recibe aquí outras persoas.

A Garda Civil confirmou que ten identificada unha muller, quen asegura ter con ela un menor. Feito este último que os axentes non puideron corroborar. Tampouco hai denuncias por problemas de convivencia.

Os familiares da propietaria din sentirse indefensos. A Garda Civil confirma que se deu traslado do caso a un xulgado de Betanzos. 

Noticias web

03/07/2020