CRTVG

Buscar

Ocupación hoteleira dun 80% no Pilar malia o mal tempo

Publicado o 11/10/2018 15:27

Nin a chuvia é quen de botar atrás os que van gozar nesta ponte festiva duns días de descanso. No Grove levan uns días de celebracións, pero o forte vén a partir de mañá, cos actos principais da Festa do Marisco. Desde hai semanas, a ocupación hoteleira é de practicamente ao cen por cento, e os que se animan a achegarse a última hora teñen xa que botar man dos establecementos dos concellos limítrofes.

A Festa do Marisco atrae xente de moitos puntos da xeografía española e tamén do estranxeiro.

Santiago de Compostela é tamén un destino moi demandado nesta ponte festiva. Nas rúas xa se notaba o ambiente festivio esta mañá. E malia que aínda quedan habitacións, a ocupación hoteleira roza xa o 80 por cento. Outubro estase a converter nun bo mes para o turismo, que alonga o período vacacional na nosa comunidade cun perfil de visitante que busca a nosa gastronomía e coñecer o noso patrimonio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018