Ocupación hostaleira a tope nas Rías Baixas nesta ponte de agosto
Publicado o 14/08/2021 14:50
Apenas queda sitio entre os hórreos de Combarro convertido estes días nun inmenso photocall.É unha das visitas obrigadas para aos que acoden ao Salnés. Aquí a sensación de todos é que estamos nun verán prepandemia ou mellor.
Sanxenxo, o emblema turítico de Galicia con case dez mil prazas hoteleiras e preto de 2.700 vivendas de uso turístico tamén está cheo o que tamén implica atascos e retencións.
A boa climatoloxía destes últimos días é a campaña Galicia turismo seguro con compensación no caso de contaxios fan do noso país un dos lugares máis buscados polos visitantes do territorio peninsular