CRTVG

Buscar

Optimismo entre hostaleiros e comerciantes na semana grande das Festas do Apóstolo

Publicado o 22/07/2019 14:24

 

 

En plena semana das festas do Apóstolo e a tres días do día grande de Galicia, Santiago énchese de turistas e peregrinos que ateigan as rúas da cidade vella. Hostaleiros e comerciantes ven con optimismo a chegada nestes días de visitantes nacionais e estranxeiros.

Alegría como a dos peregrinos que celebran a súa entrada en Compostela. Máis de 25.000 fixérono durante a primeira quincena de xullo, o número de chegadas aumenta nestes meses de verán.

Peregrinos e viaxeiros coinciden en gozar tamén dos recullos de Compostela, do bo tempo e da nosa gastronomía.

O amplo dispositivo da Policía Nacional tamén se deixa ver polas rúas compostelás entre turistas e peregrinos, coa intención de garantir o normal desenvolvemento das festas do Apóstolo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/07/2019