Ocultaron a droga dentro dun coche e intentaron recuperala cando estaba aparcado no cuartel da Garda Civil
Publicado o 04/03/2021 12:55

Ocultaron a droga dentro dun coche e intentaron recuperala cando estaba aparcado no cuartel da Garda civil.
Aconteceu no Barco de Valdeorras. A parella aparcou mal, a Garda Civil levou o coche e cando estaba aparcado en dependencias policiais acudiron ao cuartel para recuperarar os 160 gramos de marihuana que estaban agochados no interior do vehículo.
Fuxiron, pero foron localizados minutos depois e detidos. A parella, de vinte e un anos a moza e trinta o mozo, xa pasou a disposiciòn xudicial. Quedaron en liberdade.