CRTVG

Buscar

Octavio Granado: "A sociedade segue necesitando ter inmigración"

Publicado o 08/07/2019 15:48

O secretario de Estado da Seguridade Social exhorta ao Goberno central a que tome medidas que incrementen a natalidade, para poder así garantir o sistema público de pensións. Aínda así, para Octavio Granado, isto non arranxaría a falta de fondos e cre que a única solución é recibir máis inmigrantes. "Esta é unha sociedade que segue necesitando ter inmigración. Os que queren defender os pensionistas e á vez queren oporse a que teñamos unha política razoable de inmigración están faltando á verdade e enganando as persoas", afirmou Octavio José Granado, secretario de Estado da Seguridade Social. 
 

Noticias web

08/07/2019