CRTVG

Buscar

Ochefu, nova fichaxe do Breogán, cre que o equipo pode gañarlle a calquera

Publicado o 11/04/2019 14:12
Ochefu, nova fichaxe do Breogán, cre que o equipo pode gañarlle a calquera

Non hai tempo que perder. Contra o Barcelona debutou na ACB Ochefu, que en quince minutos deixou a súa carta de presentación. "Sentinme ben, é a miña primeira experiencia en Europa, e é bo poder axudar xa compañeiros e adestradores. Encántanme, son fantásticos. Equipo e adestradores acolléronme e axudáronme a integrarme. E os afeccionados e o ambiente é de tolos, impresionante".

O estadounidense con pasaporte nixeriano chega para axudar no xogo interior, onde o Breogán pasaba por máis problemas.

Ochefu defínese así: "Axudarei defensivamente, no rebote. Intentarei bloquear a zona, poñer un par de tapóns, e cando colla o balón preto da canastra anotar con facilidade".

Contra o Estudiantes, rival directo, chega o partido máis importante. Pero Ochefu ten claro que urxen vitorias, independentemente do rival.

"Estamos aquí para competir, e cremos que podemos gañar calquera partido. Dá igual o rival, non nos imos asustar e darémolo todo", conclúe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/04/2019