CRTVG

Buscar

Occidente condena a represión dos militares birmanos

Publicado o 27/03/2021 22:45
Occidente condena a represión dos militares birmanos

Os máximos xefes das Forzas Armadas dos EEUU e outros once estados de Europa, Asia e Oceanía condenan o último masacre de civís cometido polos militares birmanos na dura represión das protestas contra o golpe de estado de febreiro. Nun comunicado extraordinario, os comandantes militares destes estados (EEUU, Canadá, Reino Unido, Alemaña, Italia, Grecia, Dinamarca, Países Baixos, Xapón, Corea do Sur, Australia e Nova Zelanda) condenan "o uso da forza letal contra persoas non armadas" por parte do exército birmano. O texto insiste en que "os militares profesionas deben seguir os estándares internacionais de conduta e son responsables de protexer o pobo que serven". Máis de 116 persoas faleceron na represión das manifestacións deste sábado.