Oca Hotels investirá catro millóns na recuperación do Balneario de Guitiriz
Publicado o 01/04/2020 21:15
O balneario de Guitiriz xa ten novo propietario. O grupo de hoteis Oca acaba de mercarllo ao grupo de investimento que se fixo con el a primeiros de ano. O novo dono investirá catro millóns de euros para reformalo e modernizalo, e crearase así, din nesta empresa, 50 postos de traballo directos. A súa intención é priorizar a contratación de persoal e de provedores da zona. Lembramos que estas instalacións levaban anos pechadas e mesmo sufriron varios saqueos durante este tempo.