CRTVG

Buscar

Obxectos con moita historia en AntiqAuria

Publicado o 08/11/2019 21:16

En AntiqAuria pode mercar un metate de hai século e medio. Tamén pode levar para casa uns maniquís articulados dos anos vinte.
Esta cadeira de paseo para meniños é inglesa de 1890. E esta cerámica de Sargadelos ten 150 anos de historia. O máis antigo que atopamos son as Sete Partidas do século XVI.
E é que o vintage está de moda. Aquí pode atopar case de todo. Ourense é un referente en venda de antigüidades. Para nostálxicos, curiosos, coleccionistas e fetichistas dos obxectos únicos a a feira de antigüidades en Expourense estará aberta ata o domingo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019