CRTVG

Buscar

Obst: "Non vexo motivos para o pesimismo. Podemos derrotar a calquera"

Publicado o 15/05/2019 18:39

O Obradoiro tamén buscará selar a permanencia este domingo ante o Estudiantes. A última xornada recibe o Barcelona en Sar. Os de Moncho Fernández suman unha vitoria máis que os madrileños e sete partidos sen gañar. O equipo quere mudar a dinámica na saída desta fin de semana. O vestiario non ve razóns para non ser optimista. Obst cre que o Obradoiro está capacitado para derrotar calquera rival. 

"Somos postivos, coma sempre. Por suposto, perdemos un par de partidos. Pero temos diante de nós outros dous. O seguinte partido é moi importante. Somos positivos, como toda a temporada. Traballamos duro, sabemos que podemos derrotalos, podemos derrotar a calquera. Cremos en nós mesmos, así que non hai razón para estar deprimidos".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019