Obradoiros, recreacións e visitas guiadas na Mostra de Olaría de Buño
No concello de Malpica a cita está estes días na Mostra de Olaría de Buño, festa declarada de interese turístico de Galicia. Ata o domingo a mostra ofrece a posibilidade de coñecer a fondo o traballo artesanal dos oleiros con recreacións, obradoiros de barro, concursos de modelado e mesmo rutas guiadas.
Os pequenos artistas foron os protagonistas da Mostra de Olaría de Buño na tarde deste venres co concurso de modelado.
Na zona de exposición e venda, as casetas das oleiras e oleiros entre os que hai novas incorporacións coma Francisco que retomou o oficio. Vén de abrir obradoiro e a súa obra mestura modernidade e tradición.
A cerámica de Buño tivo a súa época dourada nos séculos XVIII e XIX. Coa aparición de novos materiais no século XX chegou a crise. Nos anos 70 rexurdiu con novos deseños e a irrupción da muller. A día de hoxe Carmen Isabel preside a Asociación de oleiros de Buño.
Este sábado será o día grande da mostra coa recreación da cocedura tradicional dunha peza e por primeira haberá unha ruta guiada.