CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Obradoiros de xoguetes na Coruña para pais

Publicado o 17/11/2015 20:55




Asesorar a Papa Noel e os Reis Magos para que acerten cos xoguetes que lles piden os nenos galegos. Este é a difícil misión de moitos pais. Pensando en botarlles unha man a uns e outros, unha xoguetería da Coruña imparte obradoiros para identificar os xoguetes máis axeitados para cada pequeno.

Boa parte dos pais botan man dos catálogos de xoguetes para non se perder nas cartas que os seus fillos dirixen a Papa Noel ou os Reis Magos, das que se guían para elixir un ou outro agasallo.

Á hora de mercar, os expertos aconsellan, primeiro, ser previsores e facelo con tempo, e en segundo lugar...

Os xoguetes participativos, de materiais naturais e que estimulen o desenvolvemento dos máis pequenos son os máis recomendables.

Asesorar os pais para que poidan escoller o que mellor se adapte ás necesidades dos seus fillos é o obxectivo dos obradoiros que se van impartir nesta xoguetería da Coruña.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí