CRTVG

Buscar

Obradoiros de traxes e carautas de cigarrón en Verín

Publicado o 22/01/2020 21:45

Madeira, aluminio, pel de coello, badana... así ata nove materiais precisan para darlle xeito a carauta do cigarrón. Iso e grandes doses de tempo e paciencia.

Ninguén dixo que fora sinxelo, pero o esforzo din, paga a pena.

Mentres na sala contigua as máquinas, agullas e tesoiras non descansan. Tamén aquí moitos dos procesos teñen que facerse a man.

A maior satisfacción, din, é ver os seus co traxe de cigarrón percorrendo as rúas de Verín os días grandes do Entroido.

Pouco queda para iso. Os cigarróns xa quecen as chocas para correr e poñer orde polas rúas, o resto só terá que gozar dun dos Entroidos con máis sona de Galicia.

Noticias web

22/01/2020