CRTVG

Buscar

Obradoiros de igualdade nos centros educativos

Publicado o 13/02/2019 13:35

Pedagoxía innovadora e adaptada á situación de cada centro. A chamada metodoloxía finlandesa púxose en práctica neste centro de Lugo, onde, tras analizar as actitudes do alumnado, levan a cabo agora un plan de igualdade para sensibilizar os rapaces e erradicar os estereotipos de xénero.

O obxectivo é fomentar a corresponsabilidade, para evitar que se repitan modelos tradicionais entre as novas xeracións, que afortunadamente están cada vez máis concienciados.

Aprendizaxe cooperativa para erradicar condutas machistas e previr a violencia de xénero.

Noticias web

13/02/2019