CRTVG

Buscar

Obradoiros artísticos para os máis pequenos arredor do Entroido

Publicado o 25/02/2020 14:35

Vinte nenos de entre 5 e 12 anos participaron esta mañá no Obradoiro de máscaras e maquillaxe no compostelán Pazo de Bendaña. Axiña puxéronse mans á obra para recrear unha cada un de boteiro ou de pantalla, dúas das máis populares do Entroido galego. A algún, porén, nin lle soaban así que non era unha clase pero xa levan algo aprendido. Outros como Lucía que vén de Inglaterra, viven o Entroido por vez primeira.

Para apuntarse a estes obradoiros cunpría reservar e a demanda superou con moito o número de prazas, porque moitas familias buscaban a difícil conciliación laboral ao ter que traballar mesmo en festivo, cando non hai escola.

O obxectivo principal está cumprido: que se divirtan e lembren que no Entroido a creatividade é mellor ca gastar cartos. Algúns han estrear a máscara pola tarde, no desfile ou na rúa, porque ganas de entroidear parece que lles sobran.

Noticias web

25/02/2020