CRTVG

Buscar

Obra-Murcia e Zaragoza-Breogán, enfrontamentos dos equipos galegos na ACB

Publicado o 01/02/2019 18:01

Natxo Lezkano, adestrador do Cafés Candelas Breogán: "O problema é que non temos diñeiro para fichar a ninguén máis. Ou sexa, se tivésemos agora mesmo os recursos para fichar a alguén, traeríamolo" A baixa de Dragicevic que veu para suplir a marcha de Jerome Jordan fai moito dano ao xogo interior do Breo pero o diñeiro dispoñible é o que é, polo que non haberá cambios no cadro de xogadores. Natxo Lezkano. adestrador do Cafés Candelas Breogán: "Ten que dar un paso adiante Sulejmanovic, que xa lle toca, ten que dar un paso adiante Belemene e xogar esa posición de catro".

O partido deste sábado en Zaragoza abre unha xeira de partidos que se antollan vitais para que o Breogán poida manter a categoría.

Tamén o Obradoiro xoga esta fin de semana un partido que vai definir moito as súas posibilidades de permanencia ante un UCAM Murcia que acaba de cesar o seu adestrador. Sito Alonso é o elixido para tratar de salvar os murcianos do descenso.  Moncho Fernández. adestrador do Monbus Obradoiro: "Aínda que chegue un novo adestrador os cambios non poden ser moitos, simplemente porque non hai moito tempo, e porque os xogadores son os mesmos, iso non muda, e nós á hora de preparar o partido temos que centrarnos nas cousas que podemos facer ben."

No Sar vaise ver a ben seguro un partido duro e no que o Obra agarda poder afinar a puntería que os xogadores non tiveron no último partido na pista do Baskonia.
 

Noticias web

01/02/2019