CRTVG

Buscar

A Revista

Obama entra por sorpresa nun instituto e dilles aos estudantes que eles poden resolver os problemas deste mundo

Publicado o 13/09/2017 12:59
Entrou por sorpresa en clase para dicirlles que tiñan nas súas mans a posibilidade de resolver os problemas deste mundo. Quedaron impresionados, os alumnos dun instituto de Estados Unidos cando recibiron a inesperada visita do ex-presidente Obama, que despregou alí a súa simpatía e estilo habituais. Non só parou a saudalos, senón que Barack Obama quixo compartir con eles unha desas clases nas que os estudantes se implican, o debate sobre as metas da vida.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

13/09/2017