CRTVG

Buscar

O avogado do pai de Desirée di que a nai buscou información en Internet sobre velenos

Publicado o 05/02/2021 13:43
O avogado do pai de Desirée di que a nai buscou información en Internet sobre velenos

Novidades na instrución da morte da pequena Desirée, que apareceu sen vida con síntomas de asfixia na súa casa de Muimenta en 2019.

O avogado do pai informa de que a análise dun dos móbiles da nai revela que fixo varias buscas na Rede sobre estricnina. Aínda que non hai probas de que fose envelenada, segundo o letrado si corroboraría a tese de que foi unha morte premeditada.

A nai da pequena permanece en prisión preventiva, á espera de que o xulgado de Vilalba remate a instrución.

Noticias web

05/02/2021