CRTVG

Buscar

O Zaragoza derrota o Logroñés e confirma a súa mellora

Publicado o 09/01/2021 14:27

Real Zaragoza 2 U. D. Logroñés 0
Esta accidentada xornada comezou na segunda cun partido de veciños na Romareda. O Zaragoza confirmou a súa traxectoria ascendente desde a chegada de JIM. Con sete puntos de nove posibles, sacou a cabeza da zona de descenso. Onte derrotou a Unión Deportiva Logroñés por dous a cero. Abriu o marcador Narváez, tras un penalti de Dani Giménez. E Bermejo asinou o segundo xa na continuación. O Logroñés mantense na zona tranquila, cos mesmos puntos ca o Lugo.

 

Noticias web

09/01/2021