CRTVG

Buscar

O xurado xa delibera sobre o veredicto do crime da rozadoira

Publicado o 02/04/2019 14:31

A actualidade na Audiencia de Pontevedra pasa tamén polo veredicto do crime da rozadoira. Un veredicto que se está facendo de rogar.

Os nove membros do xurado popular deliberaron a porta pechada ata ben entrada a noite pasada, seguiron esta mañá e segue sen haber veredicto.

Tampouco é estraño se pensamos que teñen que responder de xeito argumentado as 20 preguntas que conforman o obxecto de veredicto elaborado pola xuíza tras o xuízo.

Teñen, en todo caso, tres días para chegaren a esa resolución.

Noticias web

02/04/2019