CRTVG

Buscar

O xurado popular xa delibera no caso do crime de Padre Rubinos

Publicado o 11/09/2019 14:04

Nas súas conclusións finais, o Ministerio Público manifestou que non tiña nin a máis mínima dúbida de como aconteceran os feitos. El ten claro que o acusado é autor dun delito de asasinato.

"Foi un ataque por sorpresa...".

Mantén a súa petición inicial de 17 anos de cadea, 8 de liberdade vixiada e unha indemnización total de 488.000 euros para os familiares da vítima por un delito de asasinato coa atenuante analóxica simple de alteración psíquica. Porén introduciu tres cualificacións subsidiarias: homicidio coa mesma atenuante, asasinato pero con eximente incompleta da alteración psíquica e, a terceira, homicidio coa eximente incompleta da alteración psíquica.

Pola contra, a defensa cualifica os feitos como un homicidio porque entende que non houbo intención de matar.

"Si, de picar. Picou a Sebastián como podía...".

Unha vez expostas as conclusións, o xuíz deulle a palabra ao acusado, porén non quixo facer ningún tipo de declaración.

Arestora, o xurado popular está xa deliberando ata obter o seu veredicto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019