CRTVG

Buscar

Abuín, culpable de asasinar con aleivosía a Diana Quer, enfróntase a prisión permanente revisable

Publicado o 30/11/2019 14:25

O xurado declara culpable por unanimidade ao acusado dun delito de detención ilegal, outro de agresión sexual e un terceiro de asasinato con alevosía e para ocultar outro delito e subseguinte a un delito contra a libertade sexaul.

En canto ás circunstancias modificativas da responsabilidade penal, considera por maioría que as declaracións do acusado contribúen de xeito relevante e non decisivo ao esclarecemento dos feitos.

O xurado opúsose por unanimidade á concesión do indulto e a suspensión da pena, unha pena que a fiscalía e a acusación particular solicitaron que sexa de prisión permanente revisable mentres que a defensa rexeitouna.