CRTVG

Buscar

O xurado delibera o veredicto do Chapo

Publicado o 04/02/2019 22:41

Despois de case tres meses de xuízo contra o narcotraficante mexicano Joaquín Guzmán, o xurado xa está deliberando o verdicto. O Chapo enfróntase a cadea perpetua.

A conta atrás xa comezou par Joaquín Guzmán Loera, que xa espera o resultado das deliberacións na prisión de alta seguridade na cidade de Nova York. O seu futuro está nas mans de sete mulleres e cinco homes que durante catro meses escoitaron máis de cincuenta testemuñas sinalar o Chapo como o líder do cártel de Sinaloa. Malia todo, a defensa presentouno como una especie de monicreque e vítima dun sistema frustrado para xerar a dúbida de, polo menos, un membro do xurado e conseguir que non haxa unanimidade, necesaria para que o Chapo sexa declarado culpable. Se non é así, o xuízo sería declarado nulo. Hai que agardar, polo tanto, unhas deliberacións que, segundo os expertos, poderían tardar de 48 a 72 horas.

Noticias web

04/02/2019