CRTVG

Buscar

O xurado declara culpable O Chapo por narcotráfico e a sentenza coñecerase en xuño

Publicado o 12/02/2019 21:23

Despois dunha semana de deliberacións, o xurado declara culpable o Chapo Guzmán, de todos os cargos que se lle atribuían. Un total de dez delitos como responsable do cartel de Sinaloa, unha organización criminal dedicada ao contrabando de droga a Estados Unidos. Un xuíz decidirá a condena, posiblemente a cadea perpetua, o día 25 de xuño, tal como lle comunicou ao tribunal.

Joaquín Guzmán, o Chapo, de 61 anos, escoitou o veredicto na sala, despois dun xuízo que se celebrou durante tres meses, entre fortes medidas de seguridade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019