CRTVG

Buscar

O xurado declara culpable o acusado de tirar a súa muller pola ventá en Vigo

Publicado o 11/11/2017 10:07

O xurado popular declara culpable o home acusado de matar a súa muller tirándoa pola ventá da súa casa de Vigo en outubro de 2015, aínda que o exime da responsabilidade penal pola súa ideación delirante respecto á vítima, xa que pensaba que o quería envelenar por diñeiro.

Os membros do xurado concluíron que o home arroxou á súa muller pola ventá polos testemuños dos veciños que a oíron gritar "non me pegues", pola confesión que lle fixo a vítima antes de morrer, "tiroume meu marido", pola forma da ventá pola que caeu e polas características físicas dela.

Sobre o estado mental do acusado, todos coinciden en que "no seu delirio", quería desfacerse da súa muller, de quen se sentía ameazado e actuou "sen consciencia", e aprecian só o agravante de parentesco, non os de asañamento e aleivosía.

O Fiscal mantén a petición de pena de internamento nun centro psisquiátrico penitenciario por tempo non superior de 15 anos e unha indemnización de 90.000 euros para o fillo da vítima.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2017