CRTVG

Buscar

O xurado declara culpable o acusado de matar un home de 57 coiteladas en Carballo

Publicado o 17/01/2019 21:13

O xurado popular declara culpable o acusado de matar un home en Carballo asestándolle 57 coiteladas. Foi despois de tres longas sesións en que o propio procesado recoñeceu os feitos, pero alegou que os cometera baixo os efectos das drogas. A deliberación do xurado foi rápida porque se iniciou esta mesma mañá e declarou probados case todos os feitos que se lle imputaban ao investigado. As acusacións piden 22 anos e medio de cadea por un delito de asasinato con asañamento e outro de tenza ilícita de armas. O maxistrado presidente do tribunal será agora o que dite sentenza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2019