CRTVG

Buscar

O xurado declara culpable ao acusado de tirar unha bebé pola ventá en Vitoria

Publicado o 14/09/2018 20:55
O xurado declara culpable ao acusado de tirar unha bebé pola ventá en Vitoria

O xurado popular no xuízo polo asasinato dunha bebé de 17 meses en Vitoria declarou culpable o único acusado polo crime ocorrido a madrugada do 25 de xaneiro de 2016. A Audiencia Provincial de Álaba deu por concluída onte as vistas por este caso onde o acusado, Daniel, un profesor de música natural de Sevilla, recoñeceu que lanzou pola ventá á bebé, Alicia, porque segundo el viu na pequena a "semente do mal" e debía protexer á humanidade fronte á escuridade.

O xurado tamén lle declarou culpable de homicidio en grao de tentativa por tratar de matar á nai da nena, Gabriela, unha moza que coñecera ao condenado semanas antes a través de internet e que cando sucederon os feitos tiña 18 anos.

A moza asegurou no xuízo que Daniel atacounas porque non quixo manter relacións sexuais con el. Os nove membros do xurado non consideraron probado que o acusado tivese as súas facultades mentais mermadas, como sostiña a defensa, co que se conclúe que Daniel sabía perfectamente o que facía no momento dos feitos. Por iso no veredicto declárase ao procesado "culpable por unanimidade" de asasinar a bebé e de tentar matar á súa nai "de maneira intencionada" e "con medios e condicións que impedían toda posibilidade de defensa".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018