CRTVG

Buscar

O xurado continúa deliberando sobre o caso dos anciáns acoitelados en Arzúa

Publicado o 25/10/2019 14:36

Na Coruña, o xurado popular segue deliberando sobre o falecemento dos dous anciáns que morreron acoitelados mentres durmían na súa casa de Arzúa.

Deberán concluír se a acusada, diagnosticada de esquizofrenia indiferenciada, é a autora dos dous delitos de asasinato polos que é investigada. A fiscalía teno claro. Cre que ela é a culpable e actuou baixo unha crise psicótica, a defensa di que a investigada non matou, nin intencionada nin imprudentemente, os anciáns aos que ela mesma coidaba. Concluíu que morreron acoitelados por unha terceira persoa que non foi identificada. E di que non procede impoñerlle ningunha pena nin medida de seguridade.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/10/2019