CRTVG

Buscar

O xullo máis cálido en Galicia dende 1986

Publicado o 05/08/2020 20:43

Este mes de xullo foi o máis cálido e seco en Galicia dende o ano 1986. Así o indica un informe climatolóxico de Meteogalicia.

A nosa comunidade tivo de media 2 graos máis do que sería habitual. A calor foi xeneralizada no conxunto de Galicia debido á chegada de masas de aire africano.

Pero na metade sur foi onde se deron as temperaturas máis extremas. As zonas máis calorosas foron as do Ribeiro, Verín e Valdeorras, onde a media mensual superou os 34 graos.

Tampouco foron normais os rexistros de chuvia. Houbo zonas da comunidade onde non choveu en todo o mes.

E a situación continúa. Mañá poderemos chegar aos 39 graos e o venres superar os 36.

Noticias web

05/08/2020