CRTVG

Buscar

O xulgado xa recibiu preto de 400 denuncias dos feridos no Marisquiño

Publicado o 12/03/2019 16:09

O Xulgado de instrucción 3 de Vigo, encargado do caso do derrubamento do paseo marítimo durante a celebración do Marisquiño, recibiu trescentas oitenta denuncias de persoas feridas no sinistro. Os afectados agardan que se esclareza a verdade canto antes.

A Autoridade Portuaria encargou os traballos a unha empresa de enxeñería que xa comezou a facer as primeiras catas na zona para dar luz sobre as causas do derrubamento do paseo.
 

Noticias web

12/03/2019