O xulgado non ten claro de que as estatuas do Mestre Mateo que reclama o concello de Santiago sexan as da familia Franco
Publicado o 24/12/2019 14:51
A Audiencia Provincial de Madrid ditou novamente a favor dos Franco no caso das estatuas do Pórtico.
A diferenza da sentenza en primera instancia, o novo ditame cre demostrado que o Concello de Santiago é o lexítimo propietario das esculturas, pero non ten certeza absoluta de que sexan as mesmas que están en posesión da familia do ditador.
O anterior Goberno local, liderado por Martiño Noriega, iniciara unha batalla legal para recuperar as estatuas de Abraham e Isaac, que a Xunta decretou en xullo ben de interese cultural.