O xulgado non aprecia delito ambiental na caída dos vagóns de tren no Sil
Publicado o 24/06/2021 12:29

Un xulgado do Barco de Valdeorras non aprecia delito ambiental na caída dos vagóns de tren ao río Sil en xullo do ano pasado.
Segundo a xuíza que instrúe o caso, das inspeccións efectuadas na zona dedúcese que o lugar por onde rolaron os vagóns é rochoso e sen desenvolvemento de especies arbóreas, polo que non é preciso facer reposición de especies vexetais e os danos son mínimos.
Os danos ao dominio público hidráulico, segudo a xuíza do caso, xa están reparados.