CRTVG

Buscar

O xulgado levanta o segredo de sumario no caso de Muimenta

Publicado o 03/07/2019 22:23

Case dous meses despois da morte da nena de 7 anos, Desiré Leal, presuntamente polas mans da súa nai, levántase o segredo de sumario dun caso que conmocionou a sociedade e que , en defensa da infancia, acaba de presentarse como acusación popular a Fundación Amigos de Galicia.

" Como Fundación en defensa dos dereitos da infancia, neste caso queremos animar a sociedade que se implique e denuncie porque casos coma este non se poden repetir", di o Director Xeral da Fundación Amigos de Galicia" O avogado da cusación popular engade que " o seu deber é protexer á infancia e moito maís cando se trata dun menor que é o indefenso".

A pequena apareceu morta na cama o pasado 3 de maio na súa casa de Muimenta, onde residía coa nai e a avoa. Pouco despois a nai, que continúa ingresada no módulo de psiquiatría do HULA, era acusada dun delito de homicidio e asasinato e ordénase o seu ingreso en prisión.
Con especial impaciencia agardaba o levantamento do segredo de sumario o pai da pequena, quen manifestou aos medios, que "quería coñecer as causas da morte da súa filla e que pedirá a prisión permanente revisable para nai no caso de que sexa a autora dos feitos." Polo momento só se alzou o segredo das dilixencias . " Cando se coñezan os detalles e, se se confirma que foi un asasinato, iremos a por todas", di o avogado da acusación popular.
En Muimenta agardan coñecer canto antes os detalles dunha morte que aínda mantén conmocionada unha vila enteira.



Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019