CRTVG

Buscar

O xulgado elimina o requisito do empadroamento para obter a tarxeta PassVigo

Publicado o 06/02/2020 19:29

Unha sentenza elimina o requisito do empadroamento para obter a tarxeta PassVigo, que dá acceso á tarifa reducida do transporte público de Vigo. O auto do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 entende que a normativa da tarxeta contravén a lei autonómica 2/2017, que establece que este tipo de descontos deben ser accesibles para a poboación xeral sen discriminacións por razóns de territorio ou de residencia. O Concello de Redondela, cando estaba gobernado polo popular Javier Bas, interpuxera a demanda e, xa daquela, o xuíz suspendera o requisito do empadroamento como medida cautelar.

 

Noticias web

06/02/2020