CRTVG

Buscar

O xuizo polo asalto á Semana Verde de Silleda comeza mañá en Pontevedra

Publicado o 01/05/2019 10:58

Maña sentará no banco dos acusados do xulgado do penal número ún de Pontevedra os sete mozos que presuntamente tentaron desvalixar a Fundación Semana Verde de Silleda. Supostamente non é único delito que cometeron porque a Fiscalía cree que asaltaron tamén  oito vivendas.

Estaban convencidos de que a caixa forte da Fundación Semana Verde tiña 50 mil euros en efectivo. Con esta idea comezaron a preparar o asalto. Fixéronse con marras, rebarbadoras, luvas e capuchas. Aló foron cinco. Pero non contaban que a Garda Civil reforzara o servizo de vixilancia pola feira de gando, polo que tiveron que liscar sen un peso. Ese mesmo día comezaron detelos na chamada Operación Xato. Un total de sete implicados.

Durante as detencións fixeron rexistros nas vivendas onde localizaron documento sobre a cantidade de cartos que gardaban no recinto feiral e medidas de seguridade, entre os que había un plano detallado. Ata o momento que os prenderon non tiñan antecedentes. As nove e media está previsto que comece o xuízo no xulgado do penal número un. A Fiscalía cree que son responsables de oito roubos máis. Un en Bandeira onde levaron unha televisión, outro en Vila de Cruces, dous en Lalín onde levaron un teléfono e xoias valoradas en máis de catro mil euros e 2.220 euros en efectivo.

Unha casa en Merza, outra en Boqueixón e Silleda. Fóronse facendo cunha neveira, unha motocicleta e distintos obxectos de valor. As penas que lles piden van dende os seis meses aos catro anos de cadea dependendo das distintas funcións que facía cada un dentro da banda. Os delictos son roubo continuado en casa habitada, furto, receptación de material roubado, tentantiva de roubo e indución.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/05/2019