CRTVG

Buscar

O xulgado de Tui chama a declarar novas testemuñas no caso da morte de Déborah Fernández

Publicado o 30/12/2019 14:34

No mes de xaneiro haberá novas declaracións no caso da morte da viguesa Déborah Fernández. O Xulgado de Instrución número 2 de Tui citou para a primeira quincena máis testemuñas.

O caso de Déborah reabriuse en novembro e a investigación xudicial pola desaparición e morte da moza viguesa, hai 17 anos, segue en marcha. O pasado mes tomouse declaración ás primeiras sete persoas. Estes interrogatorios, xunto cos últimos atestados policiais levados a cabo grazas ás probas recabadas pola familia, parece que están a encamiñar a investigación. A familia agarda que cos novos testemuños se poida aclarar o suceso.

Noticias web

30/12/2019