CRTVG

Buscar

O xulgado de Madrid decidirá sobre a candidatura de Puigdemont ás europeas

Publicado o 05/05/2019 16:05

A decisión do Tribunal Supremo sobre a candidatura de Puigdemont ás europeas coñeceuse a primeira hora da tarde.

O alto tribunal decide por unanimidade devolver o caso ao xulgado do contencioso-administrativo de Madrid, o único que é competente -asegura- para decidir sobre a candidatura de Puigdemont.

Ademais ordénanlle que resolva de inmediato os recursos do ex-presidente e os outros ex-conselleiros fugados, Comíns e Ponsatí, xa que para o alto tribunal non concorre causa ningunha de inelixibilidade.

É dicir, o Supremo considera que poderían presentarse pero que non lle corresponde ao alto tribunal tomar a decisión final sobre o asunto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/05/2019