CRTVG

Buscar

O xulgado de Betanzos investiga un enfrontamento entre dous funcionarios e un preso en Teixeiro

Publicado o 29/04/2020 14:52

Un xulgado de Betanzos investiga dous funcionarios e un preso do cárcere de Teixeiro tras un enfrontamento no interior do centro penitenciario.

Os feitos ocorreron hai ano e medio e neles participaron catro funcionarios. Dous deles xa foron eximidos de culpa. A xuíza investiga un intercambio de golpes entre os outros dous e o recluso durante un cacheo por se existisen delitos de lesións, de resistencia e de danos leves.

Noticias web

29/04/2020