CRTVG

Buscar

O xulgado dá por rematada a investigación relativa á morte e desaparición de Diana Quer

Publicado o 22/02/2019 14:34

Remata a instrución xudicial pola desaparición e morte de Diana Quer. O maxistrado que leva o caso dá por practicadas todas as dilixencias de investigación. 

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a decisión tomouse despois de recibir os informes que aínda quedaban pendentes e tendo en conta que, segundo o maxistrado instrutor, non quedan dilixencias de investigación por practicar, co que o caso xa estaría listo para a apertura de xuízo oral, que terá xurado popular.

O proceso materializarase cun único acusado, José Enrique Abuín Gey, alias 'O Chicle', que permanece en prisión provisional desde o 1 de xaneiro de 2018, tras recoñecer ante as forzas de seguridade ser o autor da morte da moza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/02/2019